Este outono CONTOS DO CAMIÑO recollerá contos e lendas populares dos países dos peregrinos que nos visitades en Galicia.
Despóis, en colaboración con Mircromina Teatro de Títeres, levaremos estes contos por centros educativos de toda Galicia.
CONTOS DO CAMIÑO é un proxecto de Tanque de Zinc, unha asociación cultural con sede na localidade de Mondoñedo (Lugo), situada no Camiño Norte de Santiago, e está enmarcada nas accións de O Teu Xacobeo, programa da Xunta de Galicia que apoia proxectos de dinamización do Xacobeo 2021.
O obxetivo de Contos do Camiño é recopilar contos e lendas populares dos países de orixe dos peregrinos dos distintos Camiños de Santiago, que se levarán a cabo a través de Sesións de Recollida que se organizarán en varios pobos do Camiño de Santiago, e tamén a través do blog, do correo electrónico e do correo postal.
Se es peregrino, e queres facernos chegar algún conto ou lenda do teu país, ponte en contacto con nós a través da sección _participa!

Ningún comentario:
Publicar un comentario